PANGEIA: Unha coprodución luso-galaico-brasileira

10422112_744441535617634_1197070926994432653_n

O espectáculo PANGEIA une a actores, bailaríns e músicos de Brasil, Galiza e Portugal nunha xira mundial que recalará no Centro Dramático Galego

Pangeia é un espectáculo que reflexiona sobre a deriva do supercontinente cultural neste mundo global, con 7 artistas en escena que fusionan teatro, danza e música. Creado por organizacións galegas, portuguesas e brasileiras estrearase en Lisboa o 9 de outubro, desde onde chegará ao Centro Dramático Galego para continuar unha xira con máis de 20 actuacións en 3 continentes. 

Pangeia está creado por Limiar Teatro (Galiza)  e Acaso danza (Brasil) co Centro Dramático Galego CDG, a Asociación de produtores do Pernambuco APACEPE, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife pertencente ao núcleo de festivais de Brasil, o Teatro da Malaposta de Lisboa coa colaboración das residencias artísticas Gerarte de Viana do Castelo (Portugal), Casa Colorida de Nigrán (Galiza), Centro Cultural Nautilus de Vigo e apoio do Concello de Gondomar.

É un espectáculo con 7 actores, bailaríns e músicos en escena dirixido por Bárbara de Castro (Premio Nacional de Danza 2012 Brasil novos talentos) e Fran Núñez (Interplay Europa de xoves dramaturgos 2014) que busca profundizar nos camiños que nos unen a Galicia, Brasil e Portugal. Falamos da terra, da humanidade, do home dende unha perspectiva contemporánea e multidisciplinar que integra teatro, danza, música, cociña e diferentes sotaques e idiomas. Un espectáculo adaptable a teatros e espazos non convencionais nos que representar esta Pangeia, este encontro que como a terra que pisamos nunca será dúas veces igual.

Un espectáculo creado en residencias artísticas en Brasil, Galicia e Portugal que se estreará o 9 de outubro de 2014 no Teatro da Malaposta de Lisboa e que xirará por Portugal ata novembro para chegar a  Brasil en xaneiro de 2015  dentro do Festival Janeiro de Grandes Espectáculos antes de retornar a Europa en marzo e abril para ser representado no Salón Teatro de Santiago de Compostela sede do Centro Dramático Galego e posteriormente en maio en Marrocos dentro do Festival Internacional Thé-Arts de Rabat con máis de 20 representacións programadas antes da estrea.

A Pangeia é a historia da terra, a historia da humanidade, a nosa propia historia. Pangeia é separarse para volver a encontrarse, noutro lugar, doutro xeito, noutro tempo como as placas tectónicas na deriva continental.  No inicio ficaran xuntas e no fin xuntas van ficar. A Pangeia é crise, movemento, mudanza. É inicio. É fin.

Pangeia achega preguntas: preguntas de hoxe, preguntas de onte, preguntas de sempre.  Alguén ten as respostas, nós procuramos as preguntas.

MÁIS INFORMACIÓN EN WWW.PANGEIAS.COM

Os homes libro estarán no Norte

Durante toda esta semana, os homes libro viaxarán polo norte de Galicia para estar cos nenos de diversos centros e concellos, Foz, Viveiro, Lugo, Pastoriza, Oleiros. Non perdades a oportunidade de asistir a este gran conto poético-musical.

Balbino segue de viaxe…..

Como non …recibimos información sobre o noso monicreque….. Agora mesmo esta preparando a saida para mañan poder actuar en Ourense no instituto Julio Prieto Nespereira, onde agardan impacientes a chegada dos homes libro.

Balbino en Bande

Datas 2012

MARZO
os días…..

  • 27 Colexio Cristo Rei  Ferrol 11:00.
  • 28 Instituto Aquis Querquenis Bande 12:50.
ABRIL
os días…..
  • 27  IES Julio Priento Nespereira Ourense as 12:00
MAIO
os días…..
  • 7    Foz
  • 8    Instiuto María SarmientoViveiro as 11:30
  • 9    Colexio San José  Lugo as  13:30
  • 10 Instituto A Formiña Pastoriza as 12:30 da maña
  • 11  Oleiros as 11:00 da maña
  • 12  Oleiros as 20:30
  • 14 Instituto Manuel García Ramos Estrada as 12:45 da maña
  • 16 I.E.S Rosais 2 Vigo as 13.:00
  • 22 Colexio Compañía de María Ferrol as 16:30

A maquina Limiar quentando motores…..

Mañá comeza o primeiro día desta viaxe na que os homes libro percorrerán os vosos centros de estudo concellos…..pouco a pouco, e espero que ca axuda de todos vós, faremos grande a paxina de Limiar.

Balbino…….apúrate que estes marchan sen ti.